O Centro de Día de Portas do CGSIB atópase no Concello de Portas, provincia de Pontevedra, nun edificio histórico, A Azucareira,unha antiga fábrica de azucre de remolacha de inicios do s.XX, que aporta maxestuosidade e certo aire de edificio en ruínas ó carecer de tellado e ter ó seu carón unha enorme cheminea.

No centro convivimos 40 usuario/as e 13 traballadora/es de luns a venres e como corresponde aos centros deste tipo, axudamos ás persoas maiores nas ABVD que precisen e exercitamos corpo e mente con actividades o máis acordes posibles á situación e desexos de cada persoa.

As nosas “festas principais” son a celebración do Enterro do Panchós (versión personalizada do Entroido que consiste nun desfile ata o río Chain para afogar ó Panchós, o noso peixe particular); a semana do Aniversario (varios días de actividades culinarias, deportivas, actuación estelares,…).

Tamén coidamos das tradicións coma os Maios, a auga de San Xoan, o Día do Medo (por defuntos), recuperación de doces coma o bandullo,... e labores do campo na horta e xardín do centro.

Resaltar que non somos un centro de grande calidade vocal, a pesares de que a cotío nos atrevemos con temas populares, pero encántanos adaptar a letra de temas coñecidos para interpretar en actividades dentro ou fóra do centro. “Cantamos coma grilos pero o noso é a simpatía!!”.

O centro de día de Portas esta ubicado nunha antiga fábrica de azucre ----------